Skip to main content
ActualidadeBurela

Píscore actúa este sábado en Burela

Por 15 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Grupo Píscore acturará en Burela o este sábado, 16 de xaneiro,  ás 18:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre e para todos os públicos xa que se trata dun concerto singular e un espectáculo para todas as idades.

Premio do Público de Festiclown 2017.  Espectáculo mellor valorado polo  público en Domingos do Principal 2018. Píscore é unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. Está composta por catro virtuosos músicos que en Concerto  Singular lévannos a unha dimensión musical e humorística realmente especial. Mesturando a excelencia musical e a comedia de alto nivel, Píscore actulizan o máis clásico humor mudo e anovan a disciplina cunha proposta diferente, orixinal  e de calidade cunha marimba enorme no medio da acción. 

Con referencias elevadas como Pagagnini de Y llana, Funamviolistas, Les Luthiers estes catro rapaces dirixidos por Fran Rei comezan con forza e son unha das grandes apostas do futuro.

Píscore achéganos á mellor música e moito humor para un concerto singular nunha  proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

 Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflicto: 16 baquetas e unha soa  marimba. Que acontecerá?…