Entregados os premios do certame de postais de Nadal de Burela

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, presidiron esta tarde a entrega de premios aos gañadores de gañadoras do Certame de Postais de Nadal 2020, que convocou a Biblioteca Pública Municipal.

Os gañadores desta edición do certame repartíronse en catro categoría. Entre os máis pequenos gañou Pedro Cociña Lestao, de 5 anos.  O segundo foi para José M.ª García Fra, tamén de 5 anos, e o terceiro para  Adriana García Kozlik, de só 3 anos.

No grupo do primeiro ciclo de primaria gañou Diego Calvo Fernández, seguido de Sergio Cordido Souto e Carlota Eimil Ramos, todos de 7 anos de idade.

Na categoría de 3º e 4º de Primeira a vitoria foi para Natalia Basanta Díaz, de nove anos. Por detrás quedaron Sara Álvarez Fernández, de 8, e Iago Rodríguez Álvarez, tamén de 9 anos.

No último grupo venceu Ainara Álvarez Carral, de 10 anos. Tamén levaron premio Amaia Flores Mori e Noa Burgos Pernas, ambas as dúas de 11 anos de idade.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: