Skip to main content
A Pontenova

Un músico uruguayo dedica á Pontenova, terra dos seus avós, unha canción

Por 16 Xaneiro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

O músico uruguayo Tincho Fernán con orixes en A Pontenova dedicou á localidade dos seus ancestros a súa nova canción, Terra dos meus avós.

Como o propio autor explica, “é una canción moi especial e creo que se merece todo o agarimo que se lle poida dar. Terra dous meus avós é unha homenaxe aos meus devanceiros, unha recensión dos pobos perdidos de Galicia, dos seus encantos, da súa xente e de que moitas veces o camiño de volta para un emigrante non é o mesmo que de ida.
No meu caso, 3 xeracións despois retorno onde empezou todo. Escribir esta canción era algo que tiña pendente facer desde que pisei terra en Galicia no ano 2007 para coñecer as miñas orixes”.

O músico ten as súas orixen na Pontenova, nas vilas de San Pedro do Bogo e Foxas, de onde emigraron os seus avós.