Viveiro firma outros tres convenios coa Deputación

Viveiro firma outros tres convenios coa DeputaciónO Concello de Viveiro asinou nas últimas datas catro convenios coa Deputación Provincial de Lugo por un importe total de 126.722 euros.

O primeiro destes convenios céntrase no acondicionamento das redes secundarias de faixa de xestión da biomasa, que permiten previr o inicio dun lume e a súa propagación. O convenio permitirá proceder á roza mecanizada en marxes de camiños de titularidade municipal, nunha lonxitude de 9,5 quilómetros.

Este convenio asínase ao abeiro do programa O que non arde, desenvolto pola Área de Medio Rural. O acordo implica un importe de 10.400 euros, dos que máis de 4.900 euros son financiados pola Deputación de Lugo, mentres que o Concello de Viveiro encárgase de achegar dos 5.500 euros restantes.

Outros dos convenios asinados teñen por obxecto a celebración do Belén a tamaño natural 2019-2020 e 2020-2021, respectivamente. Cada un destes convenios ten un importe total de 45.000 euros, dos que a achega da Deputación ascende a 35.000 euros e a do Concello é de 10.000 euros. O Belén Viveiro ante o Berce, que é considerado como un dos máis importantes de Galicia, constitúe un importante reclamo turístico e cultural e supón un impulso económico destacable para a economía local.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: