Skip to main content
ActualidadeLourenzá

A alcaldesa de Lourenzá fai chegar as necesidades do Concello ao delegado da Xunta

Por 17 Xaneiro, 2021Febreiro 19th, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Lourenzá fai chegar as necesidades do Concello ao delegado da XuntaA alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, mantivo unha reunión co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, para facerlle chegar algunhas das necesidades municipais.

Deste xeito, a alcaldesa solicitou a colaboración do Goberno autonómico para a cuberta das escaleiras do Ceip Juan Rey, “unha necesidade real e urxente que precisa o centro”.

Así mesmo, tamén falaron do peche actual de ventanais de aluminio que precisa ser sustituído por outro novo que proporcione un mellor illamento ao edificio.

Así mesmo, pediron colaboración para a sustitución do alumeado actual do campo de fútbol de Santa Cruz por outro máis eficiente e que permita un maior aforro enerxético.