Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Abre o prazo para solicitar as axudas das asociacións en Lourenzá

Por 17 Xaneiro, 2021Sin comentarios

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) de onte, venres, saíu publicada a convocatoria de subvencións municipais a asociacións do concello de Lourenzá para a realización de actividades culturais durante o ano 2021.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o orzamento destas subvencións ascende a 6.000 euros e o prazo para presentar solicitudes é de 20 días naturais, polo que remata o 4 de febreiro. Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociacións legalmente constituídas e que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Tamén deben desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no concello de Lourenzá”.