O 90% dos traballadores de Alcoa avalan o acordo negociado coa empresa

Centos de traballadores de Alcoa concentráronse na entrada principal a factoríaApoio maioritario do conxunto dos traballadores ao acordo acadado entre o comité de empresa de Alcoa e a dirección da factoría.

O referendo entre os traballadores para validar este principio de acordo para iniciar a negociación da venda da planta de Aluminio deu como resultado un apoio maioritario do persoal ás condicións acordadas. Emitíronse un total de 743 votos (dos 964 traballadores censados), dos cales 648 foron a favor do acordo, 84 en contra, 7 en branco e 4 nulos. A participación foi do 77%.

A votación terminou o mediodía deste venres cos votos das dúas últimas quendas.

O apoio do persoal a este acordo implica que se iniciará a negociación do proceso de venda coa Sepi e que se suspende a folga que mantiñan os traballadores desde principios de outubro durante o transcurso das negociacións.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: