Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Viveiro frea o crecemento de casos pero Burela e O Vicedo seguen subindo

Por 22 Xaneiro, 2021Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A covid-19 volve castigar as estadísticas da xornada cun empeoramento máis acentuado. Novamente a provincia suma 88 casos novos en 24 horas e asecende a un total de 1.449. Rexistráronse neste tempo 151 contaxios novos (onte foron 109), cifra que volve bater un récord. Mentres, as altas chegaron ás 7.256, 75 máis que o xoves (o día anterior foron 43).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.871 casos rexistrados e 158 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados.

A presión hospitalaria continúa aumentando e chega a 10 persoas na UCI, unha máis que onte pero baixa a hospitalización en tres casos. Hai 18 no Hula (un menos), 16 na Mariña (dous menos) e 2 en Monforte.

COMARCA

Na Mariña, a zona máis afectada, a do occidente, camiña a estabilización. Viveiro retrocede a 263, catro casos menos dende onte.  Xove recupera un novo caso e queda 89 afectados tras varias xornadas con tendencia á baixa. Preocupa tamén a situación no Vicedo, que se sobe ata os 28 casos, un máis que onte. Burela tamén experimenta un aumento con 51 casos, seis máis que onte e Ribadeo segue sumando, con dous máis ata 24. Cervo mantense en 23 e Foz baixa a 12.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e Trabada é o único sen contaxios de covid na última quincena.

Na Terra Chá volve a subir en Vilalba, que está preto dos cen casos mentres A Pastoriza suma dous casos novos tras varios días á baixa.

No sur, Monforte e Sarria seguen subindo descontrolados agora mesmo con 99 e 67 contaxios, respectivamente, produto de dúas celebracións. Xunto a estes están afectados e en aumento tamén Quiroga con 44, O Saviñao con 16; Patón con 12 e Chantada estabilízase en 25 ao igual que Bóveda con 11.

No centro, Lugo suma 29 casos máis ata os 221 e destacan os 36 de Palas de Rei, os 16 de Láncara e os 10 de Monterroso.