Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Entregados os vales de compra da Festa do Comercio de Ribadeo

Por 23 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Ás sete desta tarde rematou o prazo para reclamar os premios da X Festa do Comercio de Acisa Ribadeo que, por primeira vez e por mor da situación sanitaria, non foi presencial. Varios foron os afortunados que se achegaron polas oficinas da asociación para recoller os seus vales de compra ao longo dos últimos días.

O primeiro premio, dotado con 2.000 euros en vales para gastar nos establecementos asociados, foi para Manuel Ron Novo, un veciño de San Tirso de Abres. A papeleta premiada co número 30.584 foille entregada en Óptica Miró.

O terceiro premio, de 500 euros en vales de compra, correspondeulle a Nuño Cao Rivas, de Ribadeo. A papeleta premiada co número 47.132 foille entregada no Bar Cienfuegos.

En xogo estaban tamén 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra, dos que foron reclamados catro. Os afortunados foron Adrián Fernández Díaz, de Ribadeo; Estíbaliz Murias Lamas, de Ribadeo; Pilar López Trevín, de Ribadeo; e Eliseo Coto López, de Vilaframil (Ribadeo). As papeletas premiadas cos números 121.943, 30.899, 48.566 e 66.452 fóronlles entregadas respectivamente en Casa Domingo, en Óptica Miró, en Farmacia Álvarez Lebredo e tamén en O Xantar de Pazos.

Os premios da X Festa do Comercio de Acisa foron recollidos ao longo dos últimos días. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos subliñan que “quedaron desertos o segundo premio dotado con 1.000 euros en vales de compra e un dos premios de 100 euros. Tal e como figuraba nas bases desta campaña esas cantidades serán destinadas a novos sorteos”.

Acisa felicita aos gañadores da X Festa do Comercio, que dispoñen de dous meses para gastar eses vales nos 170 establecementos asociados. E agradece “a colaboración da Asociación de Veteranos, que doou parte dos premios desta edición”.