Os contaxios de covid na provincia descontrólanse pero na Mariña baixan os casos

A covid-19 acadou un crecemento desproporcionado durante a última xornada a nivel global e tamén na provincia de Lugo onde se detectaron 96 casos activos máis (onte foron 88) ata situarse en 1.545. Rexistráronse neste tempo 170 contaxios novos (onte foron 151), cifra que segue batendo récord. Mentres, as altas chegaron ás 7.348, 92 máis que o venres (o día anterior foron 75).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.059 casos rexistrados e 158 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados.

A presión hospitalaria continúa aumentando. Un novo caso deixa á UCI do Hula con 11 ingresados mentres nas plantas suman cinco casos ata os 41 de hoxe. Hai 21 no hospital de Lugo (tres máis), 11 na Mariña (un máis) e 3 en Monforte (un máis).

COMARCA

Na Mariña, a zona máis afectada, a do occidente, camiña a estabilización. Viveiro retrocede unha xornada máis ata os 257, seis casos menos dende onte.  Xove volve recuperar a senda do descenso de casos e sitúase en 79, dez menos que onte. No Vicedo, na xornada previa ao cribado, manteñen a mesma cifra de contaxios que onte, 28. Burela tamén experimenta un aumento, neste caso dun caso, con 52 casos, e Ribadeo segue sumando, con tres máis ata 27. Cervo baixa dous ata 21 e Foz mantense en 12.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e Trabada é o único sen contaxios de covid na última quincena.

Na Terra Chá volve a subir en Vilalba, que está preto dos cen casos mentres A Pastoriza reduce drásticamente a súa incidencia polas altas.

No sur, Monforte e Sarria seguen descontrolados sumando casos. Agora mesmo no primeiro hai 123 (24 máis que onte) mentres o segundo ten 122 (55 máis que onte), neste caso debido a un gromo detectado na residencia de maiores, con 47 usuarios e tres traballadores afectados. Xunto a estes están afectados e en aumento tamén Quiroga con 62 (18 máis). Sober debuta con 10 casos.

O Saviñao con 16, Pantón con 12 e Bóveda con 11 estabilízanse mentres Chantada baixa a 24.

No centro, Lugo suma 20 casos máis ata os 241 e destacan os 41 de Palas de Rei (5 máis), os 17 de Láncara (un máis) e os 11 de Monterroso (un máis).

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: