Pechan o Concello de Barreiros debido a un novo positivo en covid

Barreiros únese por segundo ano consecutivo á campaña En Negro Contra as ViolenciasO Concello de Barreiros detectou un novo positivo entre os funcionarios que foron sometidos a un cribado para detectar a covid, depois de que a alcaldesa, Ana Ermida, dese positivo.

Debido a esta circunstancias o Concello pechou as súas oficinas municipais como medida de control. Debido a isto, os traballadores están na casa realizando teletraballo mentres nas instalacións municipais só queda un traballador para a atención telefónica dos casos de urxencia.

Está previsto que o Sergas faga un novo cribado entre os contactos do funcionario que deu positivo, para cortar calquera posible cadea de transmisión.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: