Skip to main content
Foz

Continúan as obras de limpeza e reparación de estradas en Foz

Por 28 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz continúa co seu labor de melloría da vila. Durante esta semana fixéronse varios traballos en diferentes puntos.

Así, destaca a hidrolimpeza da rúa Escura e do calexón da Viela, colocación de bionda en Bargado (Fazouro) no camiño á Edar, bacheo en Foz e San Martiño, execución dunha beirarrúa en Vilaxoane e subida ao instituto (que está en proceso de finalización).

Ademais limpouse a subida á capela de Ribela en Cangas, desbroces de camiños en Cangas e Nois, poda de árbores na área recreativa do Centro Social de Cangas, limpeza de novo acceso no Porto de Nois, montaxe da armadura de cimentación da nova rampla á residencia, reparación de canaleta na Barrosa (en Nois), e a  execución de nova arqueta e imbornal en Forxán.