Skip to main content
Foz

O Concello de Foz arranxa as letras da Costa do Castro

Por 29 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

As letras situadas no alto de Costa do Castro

O Concello focense procedeu ao arranxo da estrutura e á renovación dos paneis deteriorados que conforman as letras de Foz, situadas na Costa do Castro.

O alcalde focense, Fran Cajoto, indica que “a actuación completouse co pintado dos paneis xa existentes, de forma que o letreiro máis característico de Foz loce cunha imaxe renovada. Somos moi respectuosos coa conservación de todo aquilo que se fixo por anteriores rexedores, como as características letras de Foz, durante o mandato de Manuel Neira”.

Cajoto engade: “con persoal principalmente municipal estamos a facer un esforzo de limpeza e ornato do pobo, con pequenas actuacións que melloran a imaxe da vila, da que podemos estar ben orgullosos. Nese sentido a limpeza de rúas e xardíns é unha das prioridades”.