Skip to main content
Trabada

Rematan as obras no parque infantil trabadés da Área da Choza

Por 29 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

Instalacións do parque renovadas

O Concello de Trabada rematou estes días as obras de reposición do parque infantil na Área da Choza na Ría de Abres, proxecto co que contaron cunha axuda da Deputación de Lugo de 23.818 euros.

As obras consistiron na renovación integral do pavimento, cambio e reparación dos xogos e do peche perimetral da zona para os cativos.

“O obxectivo é ofrecer un espacio de xogo seguro para os máis pequenos”, indica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.