Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Seguen sumándose voces en contra da reforma da praza da Catedral de Mondoñedo

Por 29 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Máis de 800 sinaturas apoiaron o Manifesto Así, NON! que cuestiona o proxecto de reforma da praza da Catedral de Mondoñedo. O que naceu como un grupo de persoas descontentas por estas reformas que que non foi escoitado nun primeiro momento polo Goberno local, convertiuse xa nunha importante forte marea que levou ao Concello a cambiar de opinión e celebrar un achegamento de posturas  a través dunha reunión.

No manifesto que fixo público este colectivo, solicitábase ao goberno municipal aclaracións sobre a necesidade e oportunidade dunha obra que pode alterar de maneira “dificilmente reparable” un ben patrimonial sensible. Ademais, propoñian a reconsideración do proxecto desde os inicios e, “no hipotético caso de considerarse necesaria a intervención”, esixíase que esta sexa sometida “inescusablemente” ao parecer da cidadanía.

Tras recibir nas plataformas e lugares habilitados a tal fin ata esta data máis de 800 sinaturas de apoio procedentes de Mondoñedo e doutros moitos lugares, e recepcionar numerosas opinións, incluídos as de profesionais de diversos ramos, quedou patente que había un descontento xeral por estos cambios.

“Unha intervención, en todo caso, innecesaria para resolver os problemas que se alegan na memoria do proxecto como accesibilidade, saneamento, repavimentación, mellora de iluminación e paseo, e para a que con toda probabilidade, segundo técnicos consultados, sexa totalmente insuficiente o orzamento previsto, incluída a partida achegada polo Ministerio de Transportes, co consecuente compromiso dos fondos municipais, algo especialmente preocupante en situacións de crise como a actual”, explican.

Finalmente será Patrimomio o que se pronuncie tanto sobre o proxecto inicial como sobre as alegacións presentadas polos veciños. Nunha primeira reunión achegaron posturas e quedaron de compartir un novo encontro para volver a tratar as alegacións.