Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo ten abertos dous procesos de selección de persoal

Por 1 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello do Vicedo vén de convocar unha praza de monitor para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos do Vicedo, Ourol e Muras, denominado Terras do Sor IV e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, porque se vai seleccionar un monitor de compensatoria, a media xornada, mediante presentación de oferta de emprego na oficina de emprego de Viveiro.

O contrato de traballo que se suscribirá será por un período de dous meses e medio a media xornada. Os candidatos deberán estar en posesión da titulación de diplomado en Educación Primaria e ter unha experiencia mínima dun ano como mestre.

A selección terá lugar o 17 de febreiro ás 10.30 horas.

Por outra banda, hoxe remata o prazo para apuntarse ao proceso selectivo dun auxiliar de información turística dentro do programa Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020, financiado pola Deputación Provincial de Lugo.