Skip to main content
Comarca AMARIÑAXACultura AMARIÑAXA

As verbas de Luisa Aguado

Por 2 Febreiro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Nacida na Coruña, Luisa Aguado descríbese dicindo que exerce de “actriz principalmente e de escritora en segundo termo”. A artista viviu, ademais de na súa cidade natal de onde se foi moi nova, en lugares coma Santiago, Bruselas Madrid, Lanzarote e Nova Iorque. Agora, afincouse na Mariña trala súa intensa etapa no outro lado do océano. “Volvín a España porque quería coller forzas, quería volver a Galicia, a un pobo pequeno. Despois de ollar moito, pensei na zona da Mariña. Fixeime nuns apartamentos de Barreiros, a xente acolleume cos brazos abertos e quedeime. Logo mudeime a Foz  por estar nun núcleo máis urbano, o seu mar pareceume impresionante, o olor e o aire limpo, é un paraíso”, explica a actriz.

Para aproveitar ao máximo este parénteses na súa carreira enriba dos escenarios, Luisa viu a oportunidade para volver sacar á luz un proxecto que aínda non puidera dar a coñecer en España, o seu dobre poemario Mi Capitana Mis Heroínas. O libro presentouse en 2018 en Nova Iorque e agora espera poder amosalo pola Mariña lucense.

POEMARIO

A obra pode catalogarse coma un libro feminista, pero Aguado cree que máis ben foi escrita “con man de muller, pensando no ser humano en sentido amplo”.

No poemario, a voz principal tenta transmitir “unha busca constante e unha reflexión sobre que camiño a seguir e como acadar a Paz”. A escritora define esa ansiada paz coma “a ansiada esencia que nos pertence aos seres humanos, a verdadeira liberdade persoal”. Para ela, a súa obra “é poesía con forza, con loita, con enerxía… A personaxe principal non é un ser vencido, senón que se reafirma e cree no que di para ir ao encontro do que considera que lle pertence”.

Estruturado en poemas breves, o libro amosa ademais “un mundo étnico e celta, cargado de simboloxía máxica, onde se reflexa o papel activo das mulleres como aquelas que coñecían os secretos milenarios dos camiños da terra”.

A obra está prologada por Francisco Brives, poeta, cineasta e director da Neomudejar en Madrid, e por Enmanuel Peralta, director de teatro e escritor en Nova Iorque.

Para dar a coñecer Mi Capitana Mis Heroínas, Luisa ten programado unha presentación na Coruña o vindeiro mes de marzo dun xeito orixinal, realizará unha “exposición-escaparate para mostrar a miña obra e firmar libros”.  Ademais, a escritora tamén ten proxectos en Foz, Burela e Viveiro para facer dita presentación e incluso unha pequena interpretación dos textos. Nun futuro non moi lonxe, Aguado pretende converter o poemario nun espectáculo teatral e transformar os seus versos en personaxes. Hai algo que ten claro “o mar será o pano de fondo”.

OUTRAS OBRAS LITERARIAS

Ademais do seu primeiro poemario, Luisa ten publicada outra obra literaria. Star the brave Girl /  Estrella La Valiente, un libro bilingüe para nenos e nenas que se lanzou no ano 2019. Esta publicación “é unha homenaxe ao teatro de marionetas e monicreques”, unha modalidade na que Aguado está moi implicada debido ao seu traballo coma actriz nesta área teatral e posto que exerceu de docente en diversos talleres de marionetas. O libro mantén unha clara mensaxe dende a voz da nena protagonista, “poder crer nunha mesma”. A pequena busca a maneira para loitar pola súa man coa contaminación que ameaza ao planeta, facendo que a obra fale do amor pola natureza e a forza de vencer os medos. A aposta da actriz e escritora polo formato bilingüe busca que sexa “utilizada para interpretar tanto en escolas de fala inglesa coma de fala española”. Malia contar con dotes na escritura, a coruñesa non ten claro si volverá editar algún outro libro, “estas cousas solo as podes facer cando estás moi chea creativamente”.

CARREIRA DE ACTRIZ

Malia a súa andaina polos mundos das verbas, a carreira da artista desenrolouse principalmente encima dos escenarios e diante das cámaras. Comezou nos anos 90 a formarse no mundo da interpretación en Galicia, e apareceron as primeiras representacións teatrais da artista en compañías da Coruña como Sapoconcho, Falcatrúa e Birimbau. Para seguir medrando na súa carreira de actriz quíxose abrir camiño de cara a capital española, onde seguiu estudando e traballando. Fixo aparicións en series televisivas tan coñecidas coma Un paso adelante, 7 vidas e Los Morancos, mentres tamén se adicaba a facer monólogos en diversas salas e a participar en concursos como o Cabaret de Humor de Gaviria. Pouco despois chegaron os papeis protagonistas en cortometraxes coma Olvídate te mi, con María Giráldez á dirección, Si Usted Supiera de David Merinero e Mas que palabras de Santiago Gonzalez. Tamén sería a estrela principal en varias obras teatrais en Maribel y la extraña familia e Yo me bajo en la próxima ¿y usted?, baixo a dirección de Cristina Marsillach. En 2011 foi co-protagonista da obra Nunc Et In Hora, un papel que a levou a ser candidata para o nomeamento a mellor actriz revelación na XXV edición dos Premios Goya, nos IX Premios Mestre Mateo e nos XX Premios da Unión de Actores e Actrices.

Mentres, seguiu aparecendo na pequena pantalla noutras series de renome no panorama español como Sin tetas no hay paraíso o El secreto de Puente Viejo.

No 2017 decidiu emprender un longo viaxe para cambiar de fogar e seguir mellorando no mundo do arte dramático. Aterrizou en Nova Iorque, onde estivo traballando coma protagonista na obra de teatro El casamiento del Diablo, de Enmanuel Peralta. Para ela a súa obra máis dura de interpretar, posto que se trataba dun drama moi forte, pero que espera “que algún dia poida representarse en España”. A situación da cultura na pandemia esta a ser bastante complicada, pero Luisa ten claro que o seu camiño é o de actriz.

Luisa Aguado