Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Ecoloxistas contrarios ao “desperdicio” do marraxo

Por 3 Febreiro, 2021Febreiro 7th, 2021Sin comentarios

O pasado xoves reseñábase na prensa a proibición da comercialización de 90 toneladas de marraxo azul (Isurus oxyrinchus) que os pescadores da palangre tiñan  acumulado durante 2020. No artigo alegan “que se quedaron atónitos” trala decisión do Ministerio de Transición Ecológica de “destruir 90 toneladas” de marraxo, que xa estaban pescados e conxelados, nun momento de crise económica para o sector a causa da situación de pandemia.

Ecoloxistas en Acción, non está a favor de que se destrúan as 90 toneladas de pescado. “Porén, a raíz do problema está en que estos exemplares nunca debían ter sido pescados”. A organización ecoloxista sinala que é fundamental que se tomen medidas para aumentala selectividada da palangre, e se remate coa pesca accidental do marraxo do Atlántico Norte.

Demandan ao Gobierno a aos palangreiros que cheguen a un acordo para que se dé saída ao que xa está pescado e conxelado, como excepción, pero esixindo a donación e a distribución do pescado a comedores sociais para aliviar as colas interminabéis de xente directamente afectada pola crise económica. “Mais, en ningún caso pode permitirse que se obteñan beneficios económicos de dito pescado”.

Ecoloxistas en Acción recoñece que, de momento, non teñen datos sobre as 90 toneladas acumuladas do ano pasado, e solicitan á ministra Ribera e ao ministro Planas que clarifiquen cal é a procedencia destas toneladas de marraxo. Sinalan que si estas toneladas sobrepasan a cuota que imposta para 2020, esos exemplares foron pescados fora da legalidade. Si, pola contra, foron pescados dentro da cuota imposta, sería unha autoridade científica do Estado quen tería proibido a súa comercialización (tal e como determina a lexislación) e polo tanto, a decisión de proibir a súa venda sería lexítima e en acordo co que recomendan os expertos. Sexa como fora, se si se permitira a súa su comercialización, estaríase fomentando a sobrepesca.

A organización ecoloxista aclara que no son alleos á crise social e económica que estamos vivindo, pero o Goberno non pode seguir ignorando as recomendacións científicas e teñen a obriga de cumprilos acordos internacionais así como coa Política Pesqueira Común.

Ecoloxistas en Acción Galiza xunto coa Responsable de Pesca da organización, aclaran que as poblaciones de marraxo azul (Isurus oxyrinchus) están en declive e a especie está considerada “en perigo” pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN). Por esta situación de vulnerabilidade da especie, en 2019 é incluida na apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (coñecida como CITES), polo que a pesar de que se permite a súa captura (de forma limitada) para o 2020, a súa  comercialización é restrinxida, requerindo la autorización dunha Autoridade Científica do Estado para a súa exportación.

Segundo cifras do ICCAT (organización encargada de xestionar as poboacións de quenllas, túnidos e peixe espada), España pesca o 50% dos marraxos azuis que se pescan no stock do Atlántico Norte. No 2019 pescáronse 866 toneladas (35.000 exemplares) e xa no 2020, deuse unha cuota máxima de 350 toneladas para limitala súa sobrepesca. Afortunadamente, siguindo as recomendacións do ICCAT, o Ministerio de Transición Ecolóxica, co acordo do Ministerio de Agricultura e Pesca, estableceu unha cuota cero para o 2021. Esta é unha gran noticia, pero tal é o declive do stock, que aínda proibindo o total das súas capturas, non se prevé a súa  recuperación até 2045.

A semana pasada publicábase en Nature un estudo que establece unha diminución dun 71% de quenllas e raias dende 1970, coincidindo cunhas capturas comerciais que se teñen triplicado: 24 das 31 especies analizadas no estudo están en perigo de extinción, incluíndo ao marraxo azul. Los autores del estudio también señalan que la prohibición estricta de sus capturas es urgente para evitar el colapso de las poblaciones de tiburones, que son esenciales para mantener la salud de los ecosistemas marinos a largo plazo.

Cecilia del Castillo, responsable de Pesca de Ecologistas en Acción, declara que “es necesaria la adecuada coordinación entre los dos Ministerios así como la implementación de las medidas necesarias de selectividad para evitar que nos volvamos a encontrar con 90 t de pescado bloqueadas de una especie en peligro de extinción, que nunca deberían haber sido pescadas”.