Skip to main content
Viveiro

O IES María Sarmiento inicia un curso de financiamento de empresas

Por 8 Febreiro, 2021Febreiro 11th, 2021Sin comentarios

O IES María Sarmiento de Viveiro realizará estes tres cursos formativos para desempregados. Así, o 1 de marzo iniciarase un curso de financiamento de empresas de 550 horas de duración e para o que os requisitos de acceso serán ter título de Bacharelato ou certificado de profesionalidade nivel 3.

Impartiranse coñecementos de análise contable e orzamentarios, produtos, servizos e activos financieiros, xestión de tesourería, ofimática, formación en igualdade e inserción labora e prácticas de empresa.

Tamén se impartirá un de pintura de vehículos de 460 horas de duración, seguido doutro de montaxe e mantemento de sistemas domóticos e indómticos, de 360 horas de duración e con requisitos de acceso, ter título de ESO ou certificado de profesionalidade nivel 2.

Os interesados en inscribirse poden facelo no propio centro e a través do teléfono 982 870 916.