Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O IES Monte Castelo de Burela organiza un concurso de disfraces

Por 9 Febreiro, 2021Sin comentarios

O IES Monte Castelo de Burela organiza un concurso de disfraces que se está a desenvolver esta semana. Cada xornada, os alumnos sacarán unha foto co seu disfraz, que terá temáticas diferentes, dende traxes de gala ata imitacións de mestres ou profesións, sen esquecer as personaxes históricas.

O último día, o venres, cada clase escollerá a un gañador do seu grupo e posteriormente, na xunta de delegados, votarase ao gañador do concurso, que recibirá un cheque valorado en 30 euros para gastar nunha librería de Burela.