O PSOE pide no Parlamento a “recuperación da atención médica” en Burela

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo que recupere de xeito urxente o servicio de atención médica do centro de saúde de Burela.

Otero denuncia que “actualmente este servicio de atención médica no turno de tarde reduciuse, e só se presta de martes a xoves durante 3 horas. Trala baixa dun facultativo no horario de mañá, cubriuse a quenda matinal á costa da vespertina cos conseguintes recortes para os seus usuarios”, lamentou.

A dirixente socialista lembra que “en xaneiro de 2020 o Sergas anunciaba que o Centro de Saúde de Burela tamén abriría e pasaríanse consultas polas tardes a partir do mes de Febreiro, en horario de 14: 00 a 21:00 horas de luns a venres, e para elo contrataríanse tres novos profesionais: un médico de familia, un profesional de enfermería e un persoal de servicios xerais”.

Ademais critica que os “usuarios do cupo médico do turno da tarde do Centro de Saúde de Burela non foron informados desta situación, e lamentan a perda de citas durante estas quendas”.

Así as cousas Otero quere coñecer si o Goberno de Feijóo ten algunha intención de recuperar de xeito urxente o servicio de atención médica que se viña prestando de luns a venres, dende ás 14: 00 a 21:00 horas,  no centro de saúde de Burela?. E cando prevé abrir a atención primaria de maneira presencial en Burela?

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: