Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo proxecta 16 obras no concello, 7 con fondos propios

Por 10 Febreiro, 2021Febreiro 12th, 2021Sin comentarios

Vista do Vicedo

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, avanzou que xa teñen rematadas as obras do Plan Único do ano pasado e que investirán agora 225.000 euros en outras obras distribuidas en dúas partidas diferenciadas, de 184.327 e de 30.000.

Estas obras consistirán na adecuación de accesos a diferentes núcleos rurais na parroquia de Cabanas, no camiño de Capariña, Freixeiro, Cristo da Paleira, Maixofrío e Xisto ademais da pavimentación da escola desta parroquia. Ademais tamén se acometerán obras na parroquia de Riobarca, a execución dos accesos a Maladas.

Jesús Novo avanza que teñen previstas 16 obras a realizar en canto mellore o tempo, 7 das cales son con fondos propios.

Indicou tamén que os traballos en camiños con cargo ao Plan Único da Deputación chegarán a todas as parroquias pero que se están facendo de forma paulatina combinando estes cartos con fondos propios.

Ademais, o concello tamén investirán 40.00 euros na reelectrificación en Peón e Pena también onde se colocará alumeado público.

Finalmente o resto de cartos irán destinados a gastos de persoal e servizos sociais mantendo as mesmas porcentaxes do ano pasado. Así mesmo, 10.000 euros irán para Cultura, aínda que como avanzou o alcalde non saben si poderán ir para sufragar os gastos de celebración da Romería Vikinga, “xa que aínda non sabemos como evolucionará todo e se poderá celebrar”, dixo.

Se esta non se celebra, o alcalde indicou que se buscará un destino no capítulo de Cultura para estes cartos.