Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova reconstruirá un antigo muro no forno de Boulloso

Por 12 Febreiro, 2021Febreiro 23rd, 2021Sin comentarios

Forno de Boulloso

O Concello da Pontenova prepara estes días a finalización dos traballos que corresponden ás obras do Plan Único do ano pasado. “A situación da covid impediunos rematar moitas das obras que estamos acomentendo agora”, explica o alcalde, Darío Campos.

Así, nestes intres están rematando obras de aglomerado en quente en varias vías, como a de Candaedos ou a de Souto de Novos, así como a de Villarín e otra estrada da zona, todo elo por valor de 135.000 euros.

Ademais destas vías, tamén se están a facer arranxos con formigón en distintos núcleos das parroquias, que supón  un total de 30.000 euros de presuposto.

O grupo de Goberno traballa estes días en preparar os proxectos para os traballos que se acometerán coa partida do Plan Único correspodente a este ano. Así, está previsto nun primeiro momento destinar unha das partidas a reparación de estradas en Vilar de Conforto, Boulloso e Vilameá.

Así mesmo teñen previsto reconstruír un antigo muro no forno de Boulloso, un muro que había de antes e que co paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas foise resquebraxando. A intención é reconstruír o muro e continuar co arranxo con formigón nos núcleos poboacionais, non só nos accesos senón en todo os puntos que se atopen en mal estado.

O alcalde avanzou que están esperando o plan de axudas das deputacións para tomar dende o Concello algunha medida para de apoio aos negocios locais máis afectados. Asegura Campos que “estamos pendentes das subvencións destes organismos tamén para elaborar os nosos orzamentos e saber a disponiblidade que temos á hora de establecer novas axudas”. A intención é poder aprobar os orzamentos municipais este mes ou o que vén.