Axencia de colocación

XXIX Mercado Medieval de Mondoñedo

Do 7 Ago 2020 ao 9 Ago 2020 Axenda

A asociación O Pasatempo de Mondoñedo confirmou a data para o XXIX Mercado Medieval.

A segunda fin de semana de agosto, o 7, 8 e 9, Mondoñedo transfórmase nunha cidade do medievo.

O mercado que nun principio só se celebraba na xornada do sábado, prolóngase agora desde a tarde do venres ata a noite do domingo.

A praza da Catedral, así como as principais rúas da cidade, énchense de postos onde os artesáns: ferreiros, oleiros, xastres, etc, móstrannos como se traballaba na Idade Media. Soldados, zancudos, malabaristas, músicos e ata Pardo de Cela coa súa esposa tampouco faltan nesta cita medieval.

Durante o mercado os curiosos que se achegan poden degustar as máis ricas viandas, así como participar nos xogos populares .