Campionato de tute e parchís en Cervo

Do 3 Feb 2020 ao 29 Feb 2020 Axenda

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Cibrao ou chamando ao número de teléfono 982 595 157”.

As competicións comezarán o 3 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongarase durante todo ese mes.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.