Campus Trinat Experience III en Viveiro

Do 30 Abr 2020 ao 3 Mai 2020 Axenda

O Concello de Viveiro acolle o Campus Trinat Experience III para os días 30 de abril, 1, 2 e 3 de maio. Farase o posible para que os participantes, de entre 18 e sen límite de idade, desfruten dunhas xornadas inesquecibles a través do deporte, a cultura e a natureza.

Un dos obxectivos do campus é que os participantes adquiran as ferramentas e motivación necesarias para poder enfrontarse a un triatlón grazas ás experiencias vividas connosco.

Contarán con grandes deportistas internacionais como Inés Santiago, Esteban Basanta, Mauro Rodriguez e Álvaro Pino que darán consellos.

Ademais, realizarán actividades en plena natureza como o Fuciño do Porco, vivirán una experiencia única surfeando as olas galegas e desfrutaremos al máximo de este puente tan idóneo.

Non se trata dunhas simples xornadas de adestramento, a intención é incrementar ao máximo todo tipo de experiencias deportivas, culturais e sociais, ademais de render homenaxe aos deportistas que inspiran cada día á hora de saír a adestrar, podendo gozar da súa presenza día tras día, neste campus.

Ademais, unha porcentaxe das incripciones será doado e irá destinado a apoiar asociacións que velen pola conservación do medio natural da zona.