Churrascada no Vicedo

O 25 Abr 2020 Axenda

O Concello do Vicedo prepara unha churrascada para o 25 de abril.

Este xantar comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú a cargo do dúo JM e despois dará comezo a esperada churrascada popular.

Contarán con mexillóns, churrasco, criollos, chourizos vermellos, panceta, patacas, sobremesa, bebida, pan, café e chupito. Todo o menú ten un prezo de 18 euros para os adultos de para os nenos será gratis.

Xa pola noite o dúo Jm volverá amenizar a verbena xunto con Alberto Bellón.

Para participar é necesario anotarse antes do 20 de abril chamando aos teléfonos 669 870 888, 605 503 760 ou 670 418 709.