Axencia de colocación

Concentración de Clásicos de Xove

O 19 Set 2020 Axenda

Xove acollerá unha nova edición da Concentración de Clásicos o 19 de setembro.

Esta actividade está organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

Aínda que é pronto para o programa, a organización contará para este evento, coa colaboración do Concello de Xove.

O ano pasado o programa de actividades comezou coa recepción de vehículos na praza do Centro Cívico. Para que os asistentes poidan admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios.

En total participaron 83 coches clásicos e 25 motos, todos de máis de 30 anos,

Fixose un circuíto duns 10 km, para despois facer un xantar de confraternización, e pola tarde continuar coa ruta e coa entrega de premios

Os premios foron tanto en categoría coches como motos aos vehículos máis antigos, aos de procedencia máis lonxana, ao condutor máis veterano e  ao condutor máis xove.