Curso de comunicación animal en Ribadeo

Do 4 Abr 2020 ao 5 Abr 2020 Axenda

A clínica veterinaria Anima Mundi de Ribadeo organiza un curso de comunicación animal dirixido a amantes dos animais: tanto propietarios como profesionais, para o 4 e 5 de abril.

A xornada contará coa profesional recoñecida a nivel nacional Olga Porqueras, unha persoa amplamente
recoñecida a nivel nacional é esta disciplina.

O curso consiste en aprender a establecer un vínculo máis profundo coas nosas mascotas para asegurar o seu benestar ou conseguir pescudar as causas emocionais das súas enfermidades se é o caso.

Están xa apuntadas persoas de Galicia, Asturias e mesmo Cantabria para aproveitar a oportunidade de tela por esta zona.

As inscricións seguen abertas xa que necesitan un numero mínimo de persoas para que finalmente se realice.

Para participar haberá que chamar aos teléfonos 660 311 198 ou 620 216 582, ou ben mandar un email a animamundi.salux@gmail.com.