Desafío Lóstrego pola Mariña

O 20 Xuñ 2020 Axenda

O club Lóstregos-Lvcvs Moto Club organiza a terceira edición da Ruta Moto Turística de aventura e navegación Desafío Lóstrego Mariña Lucense.

Nesta ocasión será pola Mariña Lucense desde o Cabo de Estaca de Bares ata o faro de illa Pancha e terá lugar o 20 de xuño.

Para máis información haberá que poñerse en contacto co club chamando ao 619 987 809 ou na súa páxina de Facebook.