Día de Rosalía no Café Cultural A Sacabeira de Cerbo

O 22 Feb 2020 Axenda

O 22 de febreiro a asociación cultural Fervenza de Sargadelos conmemora o Día de Rosalía no Café Bar Cultural A Sacabeira.

A partir das 12 horas haberá 30 degustación do Caldo de Gloria e ás 18.00 unha charla coa escritora convidada.

Para pechar o acto, realizarase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación Escritoras-es Lingua Galega – AELG redactado, este ano, por Daniel Asorey.