Exposición ‘Rosa, rosa… Rosalía’ en Alfoz

Do 24 Feb 2020 ao 31 Mar 2020 Axenda

Alfoz prepara unha exposición baixo o lema Rosa, rosa… Rosalía, que poderá visitar na planta superior da Casa da Cultura.

Comprende a exposición de distintos paneis coa vida, obra e curiosidades sobre Rosalía de Castro, así como os traballos realizados polas nenas e nenos no obradoiro do pasado 24 de febreiro no que se inclúen diferentes interpretacións de pintura e colaxe nos cadros realizados e no gran mural colocado na entrada.

Ademais a Biblioteca Pública Municipal, ofrece unha selección de obras de Rosalía para todas as idades. 

Pode visitarse en horario de tarde, de 16.00 horas a 21.00 horas durante o todo mes de marzo.

Organizada polas Delegacións de Igualdade e Cultura para celebrar o aniversario de Rosalía e recoñecela como referente feminista ademais de creadora literaria.