Axencia de colocación

Festas dos Remedios en Mondoñedo

Do 13 Set 2019 ao 16 Set 2019 Axenda

As festas patronais da Virxe dos Remedios en Mondoñedo celebraránse do 13 ao 16 de setembro e nesta ocasión, serán as autoridades ribadenses, é dicir, o alcalde ou a persoa en quen delegue, as encargadas de realizar a ofrenda floral, que desde 1938 presentan os antigos partidos xudiciais da diócese: Mondoñedo, Ferrol, Ortigueira, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, que se van turnando nesta efeméride. Normalmente o ofrecemento ten lugar ás 12 e está presidida polo obispo.

O segundo domingo do mes de setembro adoitan celebrarse estas festas que duran tres días alomenos e que están adicadas á patroa da cidade.

O día grande comeza coa saía das autoridades dende o consistorio ata chegar ao santuario dos Remedios onde se celebrará a misa da ofrenda. Despois da eucaristía, ten lugar a procesión, xeralmente acompañada coa música dunha banda de gaitas.

O día 13 comeza a festa cunha xornada de disc jockeys no Camiño de Santiago, o sábado actuarán Zafiro e Israel, o domingo 15 os grupos Galilea e Finisterre e o luns, 16, será o turno da orquestra Trébol.

Paralelamente terá lugar a novena xuntanza de cantos de taberna de Mondoñedo, ademais participará na festividade a banda de música Pascual Veiga da localidade mindoniense, así como tamén o grupo de jazz da escola de música O Pallarego, a agrupación musical Virxe do Carme de Ferrol e o coro Mestre Pacheco de Mondoñedo.

Non faltará o mercadillo dos Remedios e o segundo desfile do traxe tradicional.