Fin de semana tecnolóxica, Ribadeo

Do 17 Out 2020 ao 18 Out 2020 Axenda

Apaga organiza unha nova fin de semana tecnolóxica, que se celebrará os días 17 e 18 de outubro no centro Pedro Murias, de Ribadeo. A temática será a análise de gases nos vehículos. Asistirán dez persoas, seguindo as directrices marcadas polas autoridades sanitarias autonómicas. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, asegura que a actividade formativa ten que continuar a pesares do Covid-19.

Doural anunciou que “nesta ocasión, dentro do que é o paquete formativo de sistemas auxiliares do motor. A temática será a análise de gases nos vehículos. Vaise falar de temas como a inxección diésel con bombas mecánicas, o GLP, etc. O curso vai durar sábado e domingo. Son dez persoas, no centro Pedro Murias, o límite máximo. Neste momento aínda queda unha praza por se a alguén lle interesa vir, pero o número está limitado e mais desde onte coa comunicación que realizou o goberno galego”.

O presidente de APAGA comentou tamén que “nós iniciamos as mobilidades outra vez con moita incerteza ata o último momento, no tema de vós sobre todo. Neste momento temos xente en Croacia, en Portugal e en Italia. Está claro que hai que continuar a formación, pero as condicións de traballo son tremendas, con niveis de risco, non soamente a nivel de saúde, senón económico. Hoxe hai un voo e mañá xa non o hai. Pero hai que seguir e eu penso que temos unha obrigación de que isto non se pare, dentro de tomar as medidas de seguridade e hixiénicas que hai que tomar neste momento e que creo que son sobradamente coñecidas por todos nós. A xente que está saíndo vai con PCR feitos 72 horas antes. Estanse tomando as medidas que hai que tomar. Despois un pouco é ter sorte”.