Axencia de colocación

Mercado das Carmiña en Mondoñedo

O 25 Xul 2020 Axenda

Acia Mondoñedo en colaboración co Concello comunicou que xa está aberto o prazo de inscricións para o Mercado das Carmiñas.

Este mercado celebrarase o 25 de xullo na praza da Catedral.

Esta iniciativa recrea os mercados tradicionais e pon en valor os produtos hortícolas.

O programa inclúe un mercado popular, música na rúa e xogos para os máis pequenos; ademais da Festa da Ensalada.

Para participar é necesario anotarse chamando ao teléfonos 982 521 027 ou 605 37 2045.