Outono Cultural en Lourenzá

Do 7 Nov 2020 ao 28 Nov 2020 Axenda

Lourenzá acolle o Outono CulturalO Concello de Lourenzá acolle o Outono Cultural organizado pola Asociación Patrimonio Laurentino e que serán os sábados 7 ao 28 de novembro.

Así, comezará o día 7 ás 18 horas no edificio do Concello coa presentación do libro O bispado de Mondoñedo na Idade Media, de Carlos Rodríguez.

O sábado 14 ás 19 horas será a quenda de Memoria de mariñáns, de Martín Fernández Vizoso, o seguinte sábado ás 20 horas presentarase o libro No interior do abandono de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos, e xa por último, o sábado 28 o xuíz José Antonio Vázque Taín presentarña o seu libro Más allá y más arriba.

Estas presentacións, á excepción da primeira, serán no Pazo de Tovar.