Axencia de colocación

Queima dos Fornos da Pontenova

Do 11 Out 2019 ao 14 Out 2019 Axenda

As festas da Pontenova celebraranse do 11 ao 14 de outubro con actuacións como a das orquestras Panorama e Branco e Negro, así como coa tradicional Queima dos Fornos, que son o principal emblema do pasado industrial da localidade. Este espectáculo pirotécnico terá lugar á medianoite do día 12.

A festividade comeza o venres 11 cunha verbena amenizada por Arizona e Suavecito. O sábado, esta última formación volverá actuar na sesión vermú e xa á noite subirá ao escenario a Panorama e tamén o grupo Blanco y Negro. A continuación, ás 0.50 horas, terá lugar a vixésimo segunda Queima dos Fornos.

Xa o domingo, Trébol actuará tanto na sesión vermú, coma na verbena, xunto a Gran Casino e para finalizar a festividade organizada en colaboración co Concello ea Deputación, Blanco y Negro volverá para amenizar a última sesión vermú.