Axencia de colocación

Romaxe Vikinga do Vicedo

Do 24 Xul 2020 ao 25 Xul 2020 Axenda

O Vicedo xa está a preparar unha nova edición da Romaxe Vikinga, que chega á súa quinta edición e que xa ten as súas datas reservadas. Será o 24 e o 25 de xullo coincidindo coa última fin de semana de xullo e tamén coa celebración do Santiago.

O Concello preparará un ano máis unha semana chea de actividades para todas as idades que terán o seu colofón o sábado, o día propio da Romaxe, co desembarco na praia de San Román nun día de festa no que haberá coma sempre obradoiros, xogos, mercado,  concursos, torneo a cabalo e música.

A Romaxe contará no seu día previo cos cantos de taberna, que o ano pasado tiveron moito éxito.

Aínda non se desvelou cales serán as novidades deste ano pero segundo indicou o alcalde, Jesús Novo, “o obxectivo sempre é que sexa unha festa cultural polo que as actividades serán sempre nesa dinámica”. Así mesmo, avanzou que haberá novidades “porque queremos sempre aportar algo novo en cada edición para facela diferente”.