Ruta saudable, Barreiros

Do 19 Out 2020 ao 27 Out 2020 Axenda

O Concello de Barreiros acolle a primeira ruta saudable da Asociación Española Contra el Cáncer en colaboración coa AECC A Mariña.

Esta ruta será o luns 19 d eoutubro con saída desde as escolas de Celeiro de Mariñaos e constará de 5 quilómetros aproximadamente.

Haberá dous grupos de 10 asistentes máximo con saídas ás 12 e ás 12.5 horas.

Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello chamando ao teléfono 982 124 002.

Por outra banda, o martes 27 haberá unha charla coloquio sobre Coidando o coidador no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Esta charla estará a cargo de Andrea Casais, psicóloga de AECC A Mariña, e de José Antonio Fernández, traballador social.

Poderán asistir como máximo 15 persoas e lembran que é necesario tamén a inscrición nos Servizos Sociais do Concello.