Talleres de manualidades de Nadal en Burela

Do 6 Nov 2020 ao 27 Nov 2020 Axenda

A Concellería de Medio Ambiente de Burela organiza talleres de manualidades de Nadal con Gaia. Vanse celebrar os venres do mes de novembro pola tarde. Serán os días 6, 13, 20 e 27.

A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explica que “ofertamos talleres de manualidades de Nadal, que terán lugar todos os venres do mes de novembro pola tarde. Trala gran demanda que tiveron os obradoiros de manualidades que ofertamos durante o mes de outubro, decidimos facer unha quedan máis para poder ofertar máis prazas”.

A concelleira burelesa sinala que “debido á situación que estamos a vivir con respecto á pandemia non sabemos de que tamaño serán os grupos, e farémolos respectando as medidas vixentes en cada momento. Nesta actividade poden participar os nenos e as nenas empadroados en Burela que cursen Infantil ou Primaria. Para apuntarse poden chamar ao 647136673 ou na oficina de Gaia sita na Praza de Abastos. Serán as monitoras de Gaia as encargadas do desenvolvemento destes obradoiros”.

Haberá tres quendas os venres de novembro polas tardes: de 16:30 a 17:30 horas, de 17:45 a 18:45 horas e de 19 a 20 horas.