Teatro en Cervo por Samaín

O 31 Out 2020 Axenda

A ACR Fervenza de Sargadelos de Cervo organiza para o 31 de outubro unha obra de títeres que estará a cargo de Títeres Cachirulo.

Esta obra leva por título Contos para pasalo de medo e dará comezo ás 19 horas no auditorio da casa do Concello de Cervo.

É necesario levar máscara e o aforo está limitado.