VI Foliada de Cervo

O 2 Mai 2020 Axenda

A asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos prepara a VI Foliada de Cervo para o 2 maio.

Xa se poden anotar os participantes na foliada mediante o formulario de inscrición https://forms.gle/98UsKEfetSujhGuF6  e ata o 20 de abril. O prezo da inscrición é de 55 euros con material incluído.

A organización comunica que aínda non teñen preparada toda a xornada pero xa hai programdao un obradoiro de construción dun pandeiro, impartido por Xosé Maceda que será en horario de 16 a 20 horas.

Para máis información é necesario poérse en contacto mediante o correo electrónico fervenzadesargadelos@gmail.com ou chamando ao 678 957 554.