Xornadas micolóxicas, O Vicedo

Do 17 Out 2020 ao 18 Out 2020 Axenda

O colectivo Nordés do Vicedo organiza unhas xornadas micolóxicas para a vindeira fin de semana do 17 e 18 de outubro.

Estas xornadas comezarán o sábado 17 con obradoiros de cociña que terán luga no restaurante Area Grande de San Román do Val, impartidos polo Mestre Cociña Antonio Díaz. Poderán asistir 12 persoas por obradoiro.

Serán dúas quendas pola mañá ou pola tarde, e unha saída ao monte o domingo 18 co acompañamento do micólogo J.L. Cuba nun grupo de 24 persoas máximo.

Como ven sendo xa costume, nestas xornadas conxuntan os contidos teóricos precisos para ter un coñecemento básico dos fungos e cogumelos comestibles, diferenciándoos dos velenosos e dos que non teñen valor culinario; prácticos, para non saír ao monte cun coitelo de cociña e unha bolsa de plástico e arrasar con todo o que se atope; e tamén, por último e por suposto, gastronómicos, pois o pracer de preparar o resultado da colleita polo monte e xantalo en boa compaña.

O prezo destas xornadas é de 10 euros por persoa, agás para as socias e socios, que será de balde.

Dende a organización aconsella reservar praza canto antes no 653 756 454 ou enviando unha mensaxe a asociacion.nordes@gmail.com. As prazas cubriranse por orde temporal.

Tanto no obradoiro como na saída ao monte é preciso respetar as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da covid.19: levar máscara, manter a distancia de seguridade