XVII Concurso de Postais de Nadal de Foz

Do 26 Out 2020 ao 1 Dec 2020 Axenda

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Foz organizan o XVII Concurso de Postais de Nadal 2020 para seleccionar a tarxeta coa que felicitará oficialmenteo Nadal.

A data de remate de presentación de traballos será o vindeiro 1 de decembro na Biblioteca Pública Municipal. Poderán participar todos os rapaces que o desexen e os traballos realizaranse en cartolina, axustada ao tamaño de 16 x 11 centímetros e no reverso da mesma deben figurar os seguintes datos: nome, anos, dirección, teléfono e colexio.

A técnica a empregar será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage, sempre e cando non leve elementos que sobresaian para unha maior facilidade de reprodución.

O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de Foz para o Nadal 2020 elixida entre tres categorías: Infantil A ata 6 anos, que será agasallado cun lote de libros o 1º premio e 2º premio; a categoría Infantil B, de 7 a 10 anos, o 1º premio levará 40 euros e un libro e o 2º premio 25 euros e tamén un libro.
Na categoría Xuvenil, de 11 a 16 anos, o 1º premio será de 60 euros e un libro e o 2º premio de 40 euros e un libro.
Haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado.

O fallo do xurado darase a coñecer en días posteriores a través de Radio-Foz, no teléfono 982 140 675 ou ben na propia Biblioteca Pública Municipal. A entrega dos premios será nun acto a celebrar na Casa da Cultura en data e hora que se anunciará publicamente.