XVIII Concurso de Postais de Nadal de Alfoz

Do 13 Nov 2020 ao 11 Dec 2020 Axenda

O Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de NadalO Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas empadroados no municipio, con idades entre os 3 e os 16 anos.

O prazo de presentación das postais remata o 11 de decembro e deberán ser entregadas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Cada traballo terá que ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada e cada participante só poderá presentar unha obra, que terá que ser orixinal e inédita.

A técnica empregada será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage. As postais estarán feitas sobre cartolina de tamaño A5 (DIN A4, folio normal dobrado pola metade). A temática terá que estar relacionada con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social por ser racista, sexista, xenófobo ou ilegal.

Establécense tres categorías: Infantil, ata 5 anos; Primaria, de 6 a 12 anos; e Secundaria, a partir de 12 anos.

Haberá un premio por cada categoría e as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz como calendario de 2021. Ademais entregarase diploma de participación a todos os inscritos/as.