Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Mariña acada 18 banderas azuis

Por 10 Xuño, 2020Sin comentarios

Todos os concellos da Mariña terán polo menos unha praia con bandeira azul este verán.

Así, a Fundación Europea de Educación Ambiental anunciou os areais que logran o distintivo este ano 2020.

Galicia logrou 107 bandeiras azuis, as mesmas que en 2019 e mantense como a segunda comunidade con máis distintivos, e España obtivo un 688.

Na Mariña lucense son 18 os areis destacados:

Tres en Barreiros (Acantilado-Remior, Coto e Fontela-Valea), tres en Burela (A Marosa, O Portelo e Ril), unha en Cervo (O Torno), cinco en Foz (Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás), dúas en Vicedo ( Abrela e Xilloi), dúas en Ribadeo (As Catedrais e Os Castros-Illas) e unha en Xove (Esteiro). Ademais, tamén logra a distinción o porto deportivo de Ribadeo.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, valorou de xeito moi positivo os recoñecementos e destacou que “estamos satisfeitos porque estes recoñecementos veñen referendar o labor que levamos anos desenvolvendo para buscar a calidade dos nosos recursos naturais, o que supón unha importante inversión en infraestruturas, en saneamento e no coidado e mantemento destes espazos, e estes distintivos son un impulso e un incentivo máis para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna e promovendo tamén hábitos responsables para manter as nosas praias na mellor das condicións”.

Ademais, tal e como deu a coñecer no día de a Adeac o “Sendero Azul” do Torno tamén contará con esta insignia, por quinto ano consecutivo.Villares recordou así mesmo que desde a última fin de semana de maio, en previsión da chegada do bo tempo e coincidindo co alivio das medidas de restrición en Galicia, xa temos activo o servizo de socorrismo municipal na Praia do Torno, a de maior afluencia de xente en tempada estival.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, valorou de forma positivadas bandeiras azuis que conseguiron os areais de A Marosa, O Portelo e Ril, así como a aula Gaia, o barco museo Reina del Carmen e o paseo do litoral burelés, que obtivo o galardón de sendeiro azul. Para o rexedor é moi positivo que O Portelo recupere a bandeira azul neste 2020 porque a calidade das súas augas está a ser excelente. Llano agarda que os areais conten con servizo de socorrismo a partires do vindeiro 1 de xullo.

Foz é o concello da Costa lucense que máis bandeiras azuis logrou para este verán e este feito foi destacado polo alcalde focense, Fran Cajoto. “No Concello de Foz estamos moi contentos porque de novo 5 praias obtiveron o distintivo da bandeira azul. Somos o Concello da Mariña con diferenza que máis bandeiras azuis obtén e iso dá mostra da calidade dos nosos areais, da auga de baño e dos servizos que se ofrecen. Ademais este ano recupérase ese distintivo para o sendeiro que discorre entre as praias de A Rapadoira e Areoura, o que denominamos Ruta das praias”, explicou o rexedor municipal.

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Jorge Díaz Freije, tamén agradeceu as bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas, así como o paseo que vai desde o faro da Illa Pancha ata As Aceas. Declarou que “desde o Concello valoramos positivamente recibir estas bandeiras azuis e tamén queremos facer un pequeno recordatorio ao Club Náutico de Ribadeo, porque é de valorar o grande esforzo que fai”. Para o concelleiro “este ano é ano especial. Xa sabemos o que son as bandeiras azuis que levan unhas normas e requisitos diferentes a outro tipo de galardóns. Este ano vai ser unha cousa extraordinaria debido ao tema sanitario que estamos a vivir. Isto vai supoñer un sobre custo para todos eses sitios que teñen as bandeiras azuis, neste caso tamén para Ribadeo”.