Skip to main content
Xove

Aciam Xove cancela o sorteo de Nadal de forma presencial

Por 12 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Dende a Aciam Xove informaron que debido á actual situación sanitaria vense obrigados a cancelar o sorteo de Nadal de forma presencial para evitar calquer tipo de risco posible con respecto a covid.

Así pois, o proceso a seguir será a gravación do sorteo da elección dos números premiados e despois a publicación dos números nas súas redes sociais.

Estarán publicados dende o venres 14 ata o venres 21 de xaneiro, e sortearanse tantas veces como sexa necesario ata que aparezan os números premiados.

As persoas que teñan os números gañadores terán que poñerse en contacto con calquera integrante da directiva, con calquera comercio asociado ou por privado en calquera das súas redes sociais.