Skip to main content
Vilalba

Acordo plenario para formar unha comisión de seguimento do Pxom de Vilalba

Por 26 Marzo, 2021Sin comentarios

O pleno de Vilalba acordou finalmente crear unha comisión de seguimento para abordar o futuro do Pxom, que se rexe actualmente por unhas normas subsidiarias de 1984 e que suscitou numerosas críticas e debates dende o cambio de lexislatura. Sen dúbida, os tres partidos coincidiron en sinalar o Pxom como un elemento clave para impulsar o urbanismo no municipio.

Antes de chegar a un acordo para formar a comisión, os tres partidos fixeron un debate no que non faltaron as acusacións de inacción e e reclamacións de responsabilidade.

A futura comisión estará formada por membros da empresa redactora, os técnicos municipais e dous representantes de cada grupo político. Teñen previsto convocar nun mes a primeira reunión, na que se decidirá a periodicidade do seu funcionamento.