Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Alcoa acepta negociar con Liberty ata o 27 de setembro

Por 13 Agosto, 2020Sin comentarios

Alcoa aceptou a ampliación do período de consultas do ERE, de xeito que ábrese unha etapa de seis semanas para negociar con Liberty House.

A multinacional estadounidense comunicou a súa decisión trala reunión en Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia e o Goberno de España pediron fai dous días a Alcoa e aos sindicatos a ampliación do período de consultas do Erepara tratar de garantir a actividade industrial e o emprego.

A empresa acepta así negociar con Liberty a venda da planta de Aluminio ata o 27 dese mes. A firma manifestou así, coa súa asistencia á reunión en Madrid que sempre estivo aberta a escoitar todas as propostas do Goberno e dos sindicatos.

Así, a proposta presentada supón estender seis semanas as negociacións do despedimento colectivo dos máis de 500 traballadores e que a multinacional estadounidense inicie un proceso de compra-venda con Liberty House, durante o que deberá manter a actividade na planta de San Cibrao.

Ademais, Alcoa comprometeríase a informar de forma regular ás partes implicadas da evolución das negociacións, algo que se canalizaría a través dunha mesa industrial con representación do Goberno central, a Xunta, os sindicatos e o comité de empresa.