Skip to main content
Alfoz

Alfoz Solidario celebra a súa gala anual contra o cancro este sábado

Por 12 Abril, 2024Abril 13th, 2024Sin comentarios

Este sábado 13 de abril, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova edición da gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O evento é promovido, un ano máis, por un grupo de persoas de Alfoz interesadas en colaborar coa xunta provincial da AECC en Lugo, a quen lle serán entregados os beneficios obtidos.

Ademais de poder participar na propia gala, que “desta volta se celebrará a mediodía con comida e baile”, segundo indican desde a organización, tamén se pode colaborar mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Por outro lado, as empresas e locais comerciais que o desexen, tamén poderán colaborar aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala.

Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización. Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.